Piden a inclusión dun novo petróglifo en Cervo no catálogo de xacementos arqueolóxicos

|

Nuevopetroglifocervo

// Mariña Patrimonio Facebook


A asociación Mariña Patrimonio solicitou á Dirección Xeral de Patrimonio a inclusión no Catálogo de Xacementos Arqueolóxicos dun petróglifo situado no lugar de Pena da Arca, no Concello de Cervo (Lugo).


O petróglifo está formado por varias cazoletas ou covas --ao redor de 15-- e por varios surcos, dos cales algúns rodean ás cazoletas formando círculos concéntricos.


Mariña Patrimonio mostrou a súa confianza en que a Xunta "non demore a inclusión deste novo achado" no catálogo, o que "permitirá garantir a súa protección".

relacionada Quedan á vista novos petróglifos en Oia grazas a uns traballos de limpeza

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress