O anticanceríxeno de Pharmamar rexeitado por Europa venderase en Israel e Palestina

|

Investigacion ciencia


PharmaMar asinou un acordo de licenza de comercialización e distribución con Megapharm para plitidepsina, rexistrado co nome de 'Aplidin', un antitumoral de orixe mariña, en Israel e no territorio coñecido como Autoridade Palestina. Este medicamento sufriu en decembro un revés da Axencia Europea do Medicamento, aínda que a decisión final pode alongarse.


"Imos iniciar a nosa primeira alianza estratéxica con Megapharm para a comercialización de plitidepsina para o mieloma múltiple en Israel e no territorio coñecido como Autoridade Palestina", dixo o director xeral da Unidade de Negocio de Oncoloxía de PharmaMar, Luís Mora.


Segundo o acordo, Megapharm presentará o dossier de rexistro de 'Aplidin' en nome de PharmaMar e distribuirao neste territorio, mentres que PharmaMar conservará os dereitos de produción en exclusiva e fornecerá o produto para o seu uso clínico e comercial.


Trátase do segundo fármaco "máis avanzado" en desenvolvemento por PharmaMar e atópase en investigación para tratar o mieloma múltiple e o linfoma de células T anxioinmunoblástico. De feito, a compañía anunciou en marzo de 2016 que o ensaio clínico de fase III ('Admyre') con plitidepsina obtivo resultados positivos para o tratamento do mieloma múltiple.


relacionada Un revés da Axencia Europea de Medicamentos afunde en Bolsa a PharmaMar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress