Un revés da Axencia Europea de Medicamentos afunde en Bolsa a PharmaMar

|

Pharma mar



As accións de PharmaMar, 'herdeira' do Grupo Zeltia, esborrallábanse máis dun 20% este xoves tras admitir que prevé unha opinión en contra da Axencia Europea de Medicamentos (EMA) á aprobación da solicitude de autorización de comercialización para Aplidin na indicación de mieloma múltiple (un tipo de cancro de sangue) presentada en outubro de 2016.


Os titulos da compañía deixábanse un 20,18% ás 13.50 horas, ata intercambiarse a un prezo de 2,590 euros.


A compañía sustenta esta opinión na valoración preliminar do Comité de Medicamentos de Uso Humano (CHMP) da EMA, que informou á empresa do seu voto negativo. A emisión da opinión do CHMP producirase previsiblemente na semana do 11 ao 15 de decembro.


Segue lendo en Pressdigital.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress