​Galicia terá funcionando en dous anos 18 novos parques eólicos

A Xunta di que a lei de implantación empresarial reduce a tramitación á metade de tempo. Prevense 6.000 empregos.


|

Parque eolico


O presidente da Xunta anunciou que arrinca a tramitación de 18 parques eólicos en varios concellos--por 409 megawatts-- e de 14 infraestruturas de evacuación asociadas, proxectos que terán que estar finalizados o 31 de decembro de 2019 para cumprir cos requisitos da poxa estatal ou os seus dereitos decaerán. O investimento ascende a 450 millóns de euros.


A tramitación, segundo reivindicou o presidente galego, realizarase "na metade de tempo" grazas á lei de implantación empresarial, pero manteranse "as garantías xurídicas, técnicas e ambientais". Á marxe destes 409 megawatts, "extraoficialmente" as empresas trasladaron a súa interese noutros 200. "E isto faise sen primas", subliñou.


Tras o Consello da Xunta, Feijóo destacou que, en materia eólica, este é o acordo "máis importante" da lexislatura e "permitirá retomar o pulso" ao sector en Galicia, "o máis eficiente de España", xa que a comunidade é "a segunda" en potencia instalada, pero "a primeira" en produtividade, polo número de horas e calidade do vento.


EMPREGO E CANON


Ademais do investimento, concretou que estes proxectos levarán, nos anos de execución dos mesmos, o impulso de 6.000 empregos, e ao redor de 80 durante a súa explotación.


Igualmente, a realización destas infraestruturas permitirá aos municipios onde se implanten un ingreso anual do canon eólico de case 665.000 euros, alcanzando así os 13,3 millóns na fase de explotación.


EMPRESAS E CONCELLOS


Segundo concretou o presidente, dos primeiros 409 megawatts que se tramitarán, Gas Natural Fenosa solicita 186,9 megawatts; Endesa Enel Green Power,92; Norvento, 116,6; e Inverolica de Abella, 14.


A maior parte dos concellos nos que se instalarán os parques están situados en Lugo, aínda que tamén recalará algún en municipios da Coruña e Pontevedra.


relacionada O BNG reclama que Feijóo pague do seu peto a multa polo concurso eólico
relacionada Gas Natural Fenosa anuncia un investimento de 200 millóns en enerxía eólica para Galicia
relacionada Feijóo defende a anulación do concurso eólico: "Por 160 millóns ben merece a pena un preito"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE