O Dépor afronta "o partido máis importante do ano"

|

Fabian scharRiazor é un plus a favor. Foto: RC Deportivo

Fabian Schär expresou este mércores que o vestiario é consciente desde o inicio da tempada da transcendencia do derbi desta fin de semana. "É o partido máis importante do ano para a nosa afección e para ir contentos ás vacacións", expresou, manifestando a disposición colectiva para loitar polos tres puntos.


Schär destacou que xogar en Riazor é un incentivo a favor do Dépor, e máis tras o xogo demostrado na casa nos últimos partidos, do que o central está satisfeito.


Sobre o rival, destaca que xoga "bo fútbol" e proba diso é o empate que os celestes conseguiron contra o Barça, ante o que o Dépor caeu goleado no último encontro. Por iso, Schär lembra que o Celta é máis que Iago Aspas, a pesar de que se trate dun "xogador importante, goleador".


Este mércores, os Riazor Blues despregaron unha pancarta coa intención de motivar o equipo na que se podía ler unha frase do alcalde vigués pronunciada cando inaugurou unha pantalla xigante: "Aquí poderemos ver o 0-3 do próximo derbi en Riazor".


"Obviamente queren transmitir a importancia que ten este partido para eles", valorou o xogador.


relacionada Fabian Schär: "Hai calidade para estar entre os dez primeiros"
relacionada O derbi do sábado decidirá quen é o mellor equipo da década

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress