​Xoguetes solidarios a cambio dunha masaxe relaxante nas costas

A Escola Europea Parasanitaria celebra o sábado unha campaña en seis puntos de Galicia.


|

Costas


A Escola Europea Parasanitaria celebra este sábado a campaña solidaria '1 xoguete=1 masaxe', no marco da cal os cidadáns que se acheguen para entregar un xoguete aos centros desta organización na Coruña, Vigo, Pontevedra, Santiago ou Ferrol, así como ao Polideportivo das Neves, recibirán a cambio un masaxe relaxante de costas de 20 minutos de duración.


Segundo informa a entidade, esta masaxe será impartida por alumnos da Escola Europea Parasanitaria, que se ofreceron como voluntarios para participar nesta campaña solidaria.


A iniciativa terá lugar desde as 10,00 ata as 20,00 horas en horario ininterrompido e sen necesidade de pedir cita previa para recibir a masaxe.


Ademais, os galegos que o desexen durante todo o ano tamén poderán levar tres quilos de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos, así como material sanitario para a ONG Cultivant Vida.


Estes xoguetes serán doados ás Ong Dignidade Galicia, Ovellas negras, Fundación Andrea, Discamor Ferrol e Afa Ferrol, así como aos servizos sociais dos Concellos de Pontevedra e Vigo.


Ademais, os cidadáns que queiran participar nesta campaña solidaria, pero non poidan acudir aos ditos centros o día 16, poderán entregar o seu xoguete antes desta data, a cambio do que recibirán un vale trocable por unha masaxe para realizar outro día.



relacionada Instalados máis de doce puntos de recollida de xoguetes para axudar a nenos sen recursos
relacionada O Banco de Alimentos recolle 16.000 quilos máis de comida que o ano pasado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE