O Banco de Alimentos recolle 16.000 quilos máis de comida que o ano pasado

|

Banco alimentos recollidaImaxe dos alimentos conseguidos na campaña.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo reuniu durante a súa quinta Gran Recollida Solidaria, celebrada os pasados días 1 e 2 de decembro, un total de 325.000 quilos de comida, co que incrementou en 16.000 quilos os alimentos recollidos na súa campaña anterior.


En concreto, coa colaboración de 2.000 persoas voluntarias, en Vigo e arredores (O Porriño, Mos, Moaña e Redondela) recadáronse 165.000 quilos; en Val Miñor 25.000 quilos; en Pontevedra e as súas comarcas (Vilagarcía, Sanxenxo, Marín, Arcade, Cambados e Lalín) 120.000 quilos; e en Baixo Miño 15.000 quilos.


Os organizadores do evento, que agradeceron a "xenerosidade" da cidadanía, dos voluntarios e da madriña da campaña deste 2017, Carlota Corredera, consideraron que a "cifra récord" rexistrada "confirma, un ano máis, o éxito da acción solidaria".


Coa comida recollida, a ONG poderá axudar a 25.000 persoas desfavorecidas da provincia "polo menos ata a primavera de 2018". Con este fin, este martes arrincan os labores de clasificación de alimentos, que esperan acabar a mediados de xaneiro, e de repartición entre colectivos sociais.


relacionada Os Bancos de Alimentos tratarán de superar os 22 millóns de quilos doados
relacionada Instalados máis de doce puntos de recollida de xoguetes para axudar a nenos sen recursos
relacionada ​Viaqua volve poñer persoal e vehículos a disposición da 'Gran Recollida' de alimentos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress