Denuncian que o Meixoeiro se utilice como plató de rodaxe a pesar da saturación

|


Camas


O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo atopábase saturado por falta de camas nas instalacións pero, a pesar das súas carencias, toda unha planta baleira do Meixoeiro está a ser utilizada para a rodaxe dunha serie de Telecinco, chamada ‘Vivir sen permiso’. O equipo ao cargo da produción, na que participan actores como José Coroado, Álex González e Pilar Castro, confirma que manterán ocupada a estancia ata o vindeiro venres.


Foi o sindicato Comisións Obreiras quen denunciou que o terceiro piso dun hospital saturado está a utilizarse con propósitos alleos a ofrecer os servizos sanitarios que tanto se demandan. Esta planta está reservada a pacientes cirúrxicos, e leva dous anos sen usar porque, de acordo ao Servizo Galego de Saúde, non fai falta. O Sergas asegura que todas as camas de pacientes están xa operativas, mentres que ese terceiro andar ofrece espazo para outras sesenta.


O problema acentuouse tras o final da ponte festiva, cunha actividade e unha demanda sanitaria moito maior ao habitual. As consultas foron uns 28% superiores ao normal e, ademais, esta mañá había 16 persoas con orde de ingreso (ás veces o ingreso prodúcese con atraso), pero só dous con cama asignada.


O sindicato Sagap alega que “a Xerencia desatendeu as demandas do persoal ante as previsións de que isto ía suceder”, e ven no “déficit” de enfermas e médicos e en “o peche de plantas” algunhas das principais causas da saturación. Como contramedida, instalouse unha segunda cama en 68 cuartos individuales e reabríronse 60 camas pechadas no Meixoeiro. Pero o problema repuntó a principios de semana e, mentres tanto, a rodaxe dunha serie de televisión cobra máis importancia que a atención sanitaria deste hospital de Vigo.


Unha mellora nas Urxencias de Galicia


A Consellería de Sanidade explicou, pola súa banda, que os servizos de Urxencias dos hospitais galegos han mellorado este mércores tras o incremento de actividade de principios de semana na Coruña, Ourense e Vigo. O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, destacou os reforzos puntuais de persoal de enfermería, médico e auxiliares.


Así, Aboal explicou que en Vigo a demanda asistencial ha diminuído e a situación é "normal". Segundo considerou, o pico de días pasados debeuse á baixada das temperaturas, e asegurou que "aínda" non obedece á gripe, cuxo pico se espera dentro dunhas catro ou seis semanas. Aínda así, lembramos que no Álvaro Cunqueiro só dous de dieciseis persoas con orde de ingreso tiñan cama durante a mañá deste mércores.


Ao repecto da área de Vigo indicou que houbo un incremento da demanda asistencial do dez por cento. Ademais, matizou que se pasou dun 15% de ingresos en urxencias a un 20%, xa que acudiron máis pacientes "e ingresáronse máis". Fontes sindicais de Vigo aseguran que "vai a mellor a situación".


Na Coruña, tamén se rexistrou un incremento da demanda asistencial, sinalou o director xeral, pero a pesar dese aumento "baixou un pouco". Aboal estimou que o aumento foi do oito por cento de asistencia en urxencias. Tamén no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) produciuse "un pico de demanda", recoñeceu Aboal, que levou a aplicar o seu plan de continxencia coa habilitación de camas.

relacionada O CHUS estrea novo hospital de día de hematoloxía con capacidade para cen pacientes
relacionada ​A saturación das Urxencias afecta xa os hospitais da Coruña, Vigo e Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress