El Corte Inglés adianta o seu compromiso de non vender ovos de galiñas criadas en gaiolas

|

Ovo


El Corte Inglés comprometeuse, no marco da política de benestar animal que desenvolve a compañía, a que antes de 2025 todos os ovos de marca propia do Grupo sexan producidos con sistemas libres de gaiola, segundo informou a compañía.


Así, e seguindo a clasificación da forma de cría de ovos que establece catro niveis de produción; o tipo 0 para produción ecolóxica de galiñas criadas en liberdade alimentadas con produtos procedentes de cultivos ecolóxicos, o tipo 1 de galiñas campeiras criadas en liberdade con acceso ao exterior, o 2 de galiñas de chan criadas en zonas acoutadas e o tipo 3 de galiñas de gaiola con acceso a auga e penso, El Corte Inglés pretende que a venda dos seus produtos se limite a aqueles englobados nos grupos 0,1 e 2.


Neste sentido, o grupo sinalou que na actualidade, o 53% dos ovos que comercializa son das categorías 0,1 e 2, é dicir, ecolóxicos, campeiros e de chan.


Así mesmo, na área da restauración, o 100% dos ovos ofrecidos nas súas cafeterías, restaurantes ou pratos preparados son campeiros, é dicir, proceden de galiñas criadas en liberdade.


relacionada El Corte Inglés segue aumentando beneficios e presenta perspectivas alentadoras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress