​O fiscal xefe ferrolán aposta por protexer a colectivos vulnerables

|

Miguel Armenteros ferrolMiguel Armenteros, durante o seu discurso. Foto: @MartinaAneiros


O fiscal xefe da área de Ferrol, Miguel Armenteros León, destacou a evolución histórica do Ministerio Fiscal nunha conferencia sobre a 'Dimensión Constitucional do Ministerio Fiscal', enmarcada nos actos para conmemorar o 39º aniversario da Constitución. Entre outras cuestións, reivindicou a independencia nun contexto de división de poderes e defendeu intervir para velar por colectivos vulnerables como menores e persoas con discapacidade.


"O Ministerio Fiscal en España foi evolucionando, desde un representante do Rei para a defensa dos intereses patrimoniais, acumulando progresivamente funcións de promotor da xustiza en interese do monarca, ata ir adquirindo un carácter de defensor do interese público ou común, que cada vez se compadecía menos cunha vinculación directa co Rei ou co Poder Executivo", relatou.


O fiscal xefe da área de Ferrol aproveitou a súa disertación, ante políticos locais e representantes do tecido asociativo e veciñal, para asegurar que a Constitución de 1978 configura un Ministerio Fiscal "moderno, evolucionado, propio do Estado social e democrático de Dereito" .


Subliñou que neste marco rexe o "principio de división de poderes", cun Ministerio Fiscal "que debe ver na tutela dos intereses públicos e sociais a súa misión fundamental, actuando con autonomía e con independencia doutros poderes e institucións".


MENORES E DISCAPACITADOS


Previamente, Miguel Armenteros León tamén se referiu a determinados integrantes da sociedade, como menores ou persoas con discapacidade, onde xustificou que "o Fiscal interveña cando está en xogo os intereses destas persoas que necesitan unha especial protección".


Non en balde, subliñou que un sentir común e un consenso ao redor de que estes colectivos, que poden resultar máis vulnerables, merecen un esforzo de toda a sociedade e institucións para "a súa adecuada protección e tutela".


relacionada A oposición bota para atrás os orzamentos de Jorge Suárez

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress