O belén municipal acollerá ao primeiro matrimonio gai de España

O pioneiro casamento entre Marcela e Elisa remóntase a principios do século pasado


|


Marcela e Elisa


Ao belén municipal da Coruña chegan as figuras das dúas mulleres que protagonizaron o primeiro matrimonio gai en España, Marcela e Elisa, segundo confirmou o rexedor, Xulio Ferreiro, ao explicar como será o inicio da iluminación de Nadal.


O matrimonio entre estas dúas mulleres remóntase a principios do século pasado, cando unha delas fíxose pasar por un home para poder contraer nupcias de forma relixiosa nunha época de maior intolerancia e represión. Agora, a parella pasará a formar parte do belén da Coruña que acolle o Palacio Municipal, e que se estrea este 15 de decembro. 


O alcalde vinculou esta novidade coa representación da obra teatral 'Elisa e Marcela', unha comedia musical dedicada á historia destas dúas coruñesas que terá un pase especial gratuíto este sábado, ás 20,30 horas, no Teatro Colón.


Por outra banda, as placeras e placeiros da cidade acenderán o 5 de decembro a iluminación de Nadal nun acto que terá lugar na Mariña. Con iso, segundo o alcalde, continúase a tradición dos últimos anos de "implicar a colectivos representativos da cidade".

relacionada As luces, a pista de xeo e o Mercado marcan o inicio do Nadal
relacionada O bombeo desde Meirama garante auga para os próximos meses

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE