O bombeo desde Meirama garante auga para os próximos meses

O alcalde da Coruña sostén que o bombeo "cumpre todas as garantías" e que farán analíticas "constantes" sobre a calidade da auga.


|

Ferreiro alcalde coruna


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, considerou "garantido" para os próximos meses o abastecemento de auga na cidade e na área metropolitana co bombeo puntual desde Meirama ao encoro de Cecebre.


Coincidindo coa súa presenza nun encontro sobre Salvador de Madariaga e a preguntas dos xornalistas --despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurase que o abastecemento está garantido nas cidades para 90 días-- Ferreiro lembrou que para a área da Coruña está previsto facer o transvasamento.


"Para asegurar o caudal mínimo en Cecebre e poder asegurar o abastecemento de auga na cidade e en toda a área metropolitana", subliñou.


POTABILIDADE GARANTIDA


Sobre este bombeo, dixo que "cumpre todas as garantías". Así, precisou que, ademais de realizarse "analíticas constantes", como todo a auga do río Barcés pasa pola planta da Telva está "garantida a potabilidade".


Preguntado se esta actuación evitará restricións e cortes de auga dentro de tres meses, lembrou que neste momento xa hai restricións na cidade, aínda que centrado por agora só na rega e grandes consumos.


Con todo, insistiu en que o transvasamento "asegura o abastecemento de auga para toda a área metropolitana". Ademais, confirmou que seguirán as conversacións con Augas de Galicia para coordinar as actuacións nesta materia.


relacionada A seca obriga a limitar a rega en parques e a limpeza nas rúas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE