Ecoembes recibe máis de 74 toneladas de embases de peregrinos e hospitaleros

|


Reciclajeecoembes


Peregrinos e hospitaleros do Camiño de Santiago reciclaron máis de 74.100 quilos de envases domésticos dentro dunha iniciativa de economía circular posta en marcha por Ecoembes. A iniciativa busca concienciar aos peregrinos que anualmente fan o camiño sobre a importancia da reciclaxe e de non abandonar os residuos na natureza.


A iniciativa puxo en marcha a campaña 'Camiño da Reciclaxe', en colaboración coa Xunta, nos tramos Francés e do Norte do Camiño de Santiago, ao seu paso por Lugo e A Coruña, e conseguiu que entre peregrinos e hospitaleros alcanzasen a cifra 74.100 quilos de envases para a súa reciclaxe. Deles, 20.386 quilos corresponden a envases de plástico, latas e briks (colector amarelo) e 53.766 quilos son envases papel e cartón (colector azul). Á súa vez, a campaña tenta dotar aos peregrinos de información e ferramentas para poder separar e reciclar os distintos residuos de envases que van xerando durante cada etapa.


Nesta campaña os albergues xogaron un papel esencial segundo Ecoembes. "Os camiñantes utilizan estes centros ao longo do percorrido, converténdose no lugar ideal onde depositar os seus residuos", afirma a entidade. Neste sentido, a campaña contou coa adhesión de 146 hospedaxes galegas, cifra que ascende a 297 se se teñen en conta os castellanoleoneses e asturianos que tamén forman parte do percorrido. Para logralo, todos os establecementos foron equipados con puntos de reciclaxe amarelos e azuis e contaron con paneis explicativos en varios idiomas. 

relacionada A Xunta instalará 1.000 colectores para a reciclaxe de aparellos eléctricos
relacionada Os galegos reciclamos máis vidro, pero seguimos por baixo da media española

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress