Os socialistas reclaman unha auditoría externa dos helicópteros contra incendios

A Xunta insiste na súa defensa de que as adxudicacións polas que está imputado o seu alto cargo foron legais.


|

Helicopterosincendios


A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, insistiu en que a Xunta actuou de forma "legal" na adxudicación de helicópteros das campañas contra o lume dos anos 2011, 2012 e 2013, que provocou a apertura dunha causa nun xulgado en Santiago na que está investigado o responsable de política forestal, Tomás Fernández-Couto.


"Non hai o mesmo número de empresas para alugar coches que para alugar avións e helicópteros", xustificou a conselleira en resposta unha pregunta do Grupo socialista no pleno do Parlamento galego.


Respecto diso, Ángeles Vázquez dixo non comprender a urxencia do PSdeG para presentar esta pregunta, "nin todo o que se quixo montar ao redor de todo isto".


"SEN OCULTAR NADA"


Así mesmo, a conselleira remarcou que desde 2013 a Xunta ofreceu "facilidades" ao xulgado número 3 de Santiago que leva a causa, "sen ocultar absolutamente nada".


Neste sentido, remarca que o xulgado analiza se foi "correcto" o "mecanismo extraordinario" empregado pola Xunta, polo cal di que lle corresponde aos xuíces decidilo e "non é o Parlamento" o encargado.


Así mesmo, explica que as "sucesivas contratacións" nas que non se viviron esas circunstancias "seguiron e seguirán" os "trámites correspondentes", mentres se opta polos medios aéreos "máis adecuados tecnicamente".


Finalmente, destacou que este ano un lote de medios aéreos quedou deserto e fíxose unha "sondaxe" no mercado para pedir "suxestións" co fin de "mellorar no futuro as condicións técnicas na contratación", polo que ademais "respectar" a normativa contractual, "ofrecéronse pluses de transparencia".


UNHA "AUDITORÍA EXTERNA"


Pola súa banda, o deputado socialista José Quiroga denunciou que o "modus operandi" da contratación deses helicópteros "confirma unha dinámica de mala xestión", con "improvisación" e "consecuencias nefastas para as arcas públicas".


A continuación, referiuse ao informe de Contas que sinala que esas adxudicacións foron "cando menos irregulares", aínda que "non se fala de ilegalidade".


De tal modo, esixe unha "revisión profunda neste tipo de contratacións", así como "proceder a unha auditoría externa" para que se avalíen esas adxudicacións, que tacha de "claramente chafalleiras".


relacionada Remata o período de alto risco de incendios coa Xunta investigada por irregularidades
relacionada A Fiscalía denunciou o "quebranto" da "publicidade e legalidade" nos contratos de helicópteros
relacionada Tomás Fernández-Couto, imputado pola adxudicación "sen transparencia" dos helicópteros antiincendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE