O PPdeG rexeita especular coa sucesión de Feijóo e pon o líder a entregar carnés

|

Feijoobancopeperos 1Feijóo, nun acto de campaña.


O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reiterou este xoves o "compromiso" de Feijóo con Galicia, fronte a "especulacións", e rexeitou falar de sucesión na formación popular autonómica.


Manifestouno tras ser preguntado pola información que alude a que o "odio" do ex presidente Aznar cara a Rajoy podía impulsar a figura de Feijóo en Xénova.


Neste sentido, Tellado replicou que "é inevitable que terceiras persoas fagan comentarios sobre alguén". Dito isto, mostrouse convencido de que Feijóo "ten un compromiso con Galicia que non é de onte nin de antonte, que se remonta ao ano 2005".


"O que preocupa e ocupa a Feijóo, ao grupo maioritario e ao partido é Galicia. Nós non pensamos en nada máis", aseverou e, tras ser preguntado se é coñecedor de conversacións ou presións ao líder do PPdeG para unha eventual substitución de Rajoy en Madrid, rexeitou "especulacións".


600 NOVOS AFILIADOS


Tellado anunciou que a próxima semana, o sábado 25 de novembro, o partido celebrará unha entrega de carnés na que aspira a reunir a todos os que, nos últimos meses, se uniron á formación. Polo momento, está confirmada a asistencia duns 180 novos afiliados e prevé acudir Núñez Feijóo.


En rolda de prensa, Tellado concretou que o PPdeG rolda os 100.000 afiliados --unha cifra que se mantén nos últimos anos, xa que tamén hai baixas, por exemplo, por falecemento-- e cifrou nunhas 600 novas afiliacións as rexistradas no últimos catro meses. Sobre o perfil, "non se pode establecer "un estereotipo", xa que se afiliaron mozos e tamén persoas de "mediana e avanzada idade".


No evento programado para o 25, Feijóo e os presidentes provinciais e outros cargos serán os que realicen a entrega, tendo a oportunidade de dar "cara a cara" as "grazas" a "todos e cada un dos que queiran participar".


"O proxecto do PPdeG está máis vivo que nunca", insistiu, convencido de que o acto será "unha gran festa" para a súa organización, tanto polas dimensións como pola "alegría" que produce aos populares.


relacionada Escoitas por corrupción a dirixentes do PP colocan a Feijóo como sucesor de Rajoy
relacionada Feijóo rexeita especular sobre se "arrasaría" como "sucesor de Rajoy"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress