A metade dos comercios da provincia de Lugo pode vender a través de Internet

|

Comercioonline


O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, estimou este martes que sobre "un cincuenta por cento" dos máis de 5.500 establecementos comerciais da provincia de Lugo venden 'online' ou "través das redes".


Este dato ofreceuno durante a firma dun convenio coa Deputación de Lugo dotado de 25.000 euros para dar cobertura á Oficina Técnica de Asesoramento ao sector que, sobre todo, dirixe os seus esforzos a ese tipo de comercio "polas redes".


Tamén aproveitou para agradecer á Deputación "a sensibilidade" co sector, que emprega a 12.500 persoas en toda a provincia e que supón máis do 16 por cento do Produto Interior Bruto (PIB).


Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, resaltou que co convenio preténdese apoiar e "potenciar" o comercio de "proximidade, o comercio amable".


Tamén remarcou a importancia do sector en Lugo, "con máis de 5.500 comercios, 12.500 traballadores" e cun impacto na economía provincial "do 16 por cento" do seu PIB.


relacionada Lugo aspira a converterse na "primeira cidade galega por un comercio xusto"
relacionada Os comerciantes galegos queren que se fixen de novo datas para as rebaixas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress