Standard&Poor's mantén en perspectiva positiva o 'rating' da débeda galega

|

Standardpoors


A Consellería de Facenda destacou que a axencia de cualificación Standard&Poor's (S&P) avala a xestión financeira do Goberno galego e mantén en BBB+ con perspectiva positiva o 'rating' de Galicia no seu último informe publicado.


Nun comunicado, o Executivo autonómico sinala que, no estudo publicado a pasada noite, S&P confirma a cualificación crediticia da Comunidade. Así mesmo, a Xunta reafírmase no "camiño da consolidación orzamentaria, da recuperación económica e do acceso ao financiamento en condicións favorables".


Así mesmo, o departamento que dirixe Valeriano Martínez subliñou que, ente outras consideracións, esta axencia valora a "activa xestión do endebedamento de Galicia, o seu perfil de vencementos da débeda, as operacións de refinanciamento e a ampliación das súas liñas de crédito e da súa capacidade para xestionar a súa posición de liquidez".


Por todo iso, a Consellería de Facenda asegura que a axencia precisa que a Comunidade galega debería ter unha cualificación superior, algo que non é posible porque S&P non permite que unha comunidade en réxime común teña un 'rating' superior ao do Estado soberano.


"Segundo S&P, Galicia está nunha posición máis favorable en comparación coa maioría das comunidades españolas e estima que podería equilibrar o seu orzamento en 2019, o que ratifica as previsións do Goberno galego sobre o proceso de consolidación fiscal", indicou a Xunta.


relacionada Moody's alerta do dano na confianza económica española polo conflito catalán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress