Beatriz Mato confirma a súa vontade de pasar á política local

|

Beatrizmatocoruna


A conselleira de Medio Ambiente e presidenta do PP local da Coruña, Beatriz Mato, asegurou que lle gustaría ser candidata á Alcaldía da Coruña, pero puntualiza que "non é vontade dun", senón que é unha decisión que toma o partido.


Con motivo da súa participación este venres nun almorzo informativo do 'Fórum Europa', foi preguntada sobre se será candidata á Alcaldía polo PP nas eleccións municipais de 2019.


"Non é vontade dun o ser candidato cando forma parte do Partido Popular. É unha decisión que toma un órgano do PP e que ratifica o Partido Popular en Madrid", afirmou.


Con todo, matizou que se a pregunta en concreto é se a ela lle gustaría presentarse como candidata á próximas municipais na Coruña, a súa resposta foi clara: "A min si me gustaría", confesou.


XESTIÓN LOCAL


Na súa intervención, Mato criticou a xestión do actual goberno municipal da Coruña, ao que denominou "o goberno triplo cero" porque é "cero en previsión, cero en eficacia e cero en compromiso social".


relacionada Beatriz Mato, nova presidenta do PP da Coruña
relacionada O PPdeG aposta por Beatriz Mato para recuperar a Alcaldía da Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress