Feijóo busca acordos coa Fegamp sobre incendios: "Polos alcaldes non vai ser"

|

AlfredogarciafeijooAlfredo García, con Feijóo. Foto: Xunta


O xefe do Executivo galego busca "acordo" fronte aos incendios e non só na Cámara. De feito, falou co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, para trasladarlle a necesidade de traballar "conxuntamente".


En declaracións a Europa Press, García revelou que Feijóo falou con el e díxolle que "quería chegar a acordos" para facer fronte aos incendios en Galicia. "Eu díxenlle que por nós non vai ser", sinalou, á vez que demandou iniciativas "sobre a mesa".


Non en balde, argumentou que os alcaldes son "os primeiros interesados" en que as súas localidades "non corran perigo de queimarse". "Por aí non vai haber problema", sentenciou, antes de lembrar que a dirección da entidade municipalista pediu a semana seguinte á vaga de incendios unha entrevista coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, para "falar en serio" desta cuestión.


García trasladou que este mesmo mércores houbo reunión de portavoces na Fegamp e ratificou que a intención é acudir a este encontro "coa mellor das vontades", pero queren "propostas encima da mesa".


"Hai que falar de todo, especialmente da ordenación do territorio, é dicir, vai haber que cambiar a lexislación que temos hoxe e que fai imposible que os concellos poidamos afrontar a limpeza das franxas de protección dos núcleos", aseverou.


Para o dirixente municipalista, é preciso "traballar todos xuntos" e "a solución a medio ou longo prazo" pode pasar por "resolver o problema da propiedade e que todos aqueles, particulares ou empresas, que queiran poñer en explotación determinados territorios poidan facelo".


"MOITAS COUSAS QUE ABORDAR"


Defendeu, ademais, que son "moitas cousas" as que hai que "abordar", polo que apelou a "non quedar con pinceladas". "Calma, tempo ao tempo; entendo eu que podemos chegar a acordos para que se invirta o ciclo, pero, en todo caso, tempo ao tempo", subliñou.


Uno dos cambios que valora Alfredo García está ligado a favorecer o acceso en parcelas de propietarios descoñecidos, unha cuestión clave para os concellos. Pero é que mesmo nos casos nos que se acomete a limpeza, o alcalde do Barco incide en que se lle fai "o traballo ao propietario con diñeiro público".


A "clave", insistiu Alfredo García, é buscar unha fórmula para que as parcelas nesta situación, abandonadas, poidan, por exemplo, pasar ao Banco de Terras e "poñerse a disposición de quen a queira traballar", unha idea na que tamén quere avanzar o Executivo de Feijóo.


relacionada As axudas da Xunta polos incendios afogan en burocracia e papeleo aos afectados
relacionada Feijóo acepta unha comisión para alcanzar "un acordo de país" sobre política forestal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress