Os estudantes non queren turistas na biblioteca de Historia

|

TouristhomeCampaña 'Tourist go home'. Foto: @AUniversitaria_

A asociación Acción Universitaria puxo en marcha a campaña "Tourist go home" para denunciar que a gran afluencia de turistas na biblioteca da facultade de Historia impide o desenvolvemento cotián da actividade estudantil e xera "grandes molestias".


Os estudantes quéixanse das "continuas interrupcións" en horario de estudo por entradas de numerosos grupos de visitantes nas instalacións. O ruído que xeran impide a concentración e o correcto funcionamento da sala. "É algo que vén de anos atrás e só sucede nesta facultade", aseguran.


Para evitalo presentan unha proposta de horario turístico definido que faga compatible o seu uso por alumnos e turistas. As visitas estarían permitidas de 10.00 a 11.30, de 14.00 a 16.00 e de 20.00 a 21.30 horas.


"Debido ás malas condicións, á vez que entran turistas saen estudantes, porque os seus intereses quedan en segundo plano", afirma un dos representantes de Acción Universitaria, Alfonso Armesto.


REUNIÓN CO DECANATO


Todas as queixas serán trasladadas á facultade nunha reunión co equipo decanal para que se poñan en marcha medidas que solucionen a situación. "Non pretendemos prohibir as visitas, senón só que se regulen os seus horarios para facelos compatibles cos dos estudantes", asegura Armesto.


A solicitude xa foi realizada e de momento non existe data confirmada para a celebración de tal acto. "Esperamos que as negociacións saian ben e que o decanato ceda, porque en caso contrario buscaremos outras vías de actuación", advirte a asociación.


relacionada Unha taxa turística deixaría un millón de euros de beneficio cada ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress