Santiago Roncagliolo: "É posible salvar vidas coidando o medio ambiente e cun custo mínimo"

|

SantiagoRoncaglioloSantiago Roncagliolo, nunha edición anterior. Foto: Viaqua


A Facultade de Económicas da Universidade de Santiago acolle este mércores a VI edición de Aquae Talent Hub, a segunda que se celebra na capital galega, "un encontro para mentes inquietas e curiosas que queren aprender sobre innovación, compartir coñecementos e ampliar a súa rede de contactos", como sinala a organización nun comunicado. 


Este evento, que é de acceso gratuíto, aínda que require unha reserva na súa web, xa que o aforamento é limitado, contará co xornalista e escritor Santiago Roncagliolo, responsable da master class, e a experta en design thinking Irene Lapuente, condutora do taller.


O obxectivo que persegue Fundación Aquae, promotora da iniciativa xunto con Viaqua e a USC, é "xerar o interese polo emprendemento e os proxectos dos emprendedores, así como achegar visibilidade a iniciativas sociais que teñan unha vinculación co medio ambiente, a cultura, a cooperación e o emprendemento social".


"LEVAR VIDA"


Santiago Roncagliolo centrará o seu relatorio na innovación solidaria, no proxecto 'Amazonas: levar auga é levar vida", unha iniciativa de Unicef impulsada por Fundación Aquae que está a permitir ás comunidades indíxenas da Amazonía peruana acceder á auga e a sistemas de saneamento. Un proxecto que chegou xa a unhas 5.000 familias.


"Esta zona do Amazonas está chea de auga, pero a xente morre por falta dela. É posible salvar as súas vidas coidando o medio ambiente e cun custo mínimo", sinala Roncagliolo, que contará as historias dos pequenos heroes que o están facendo posible.


Pola súa banda, o taller de Aquae Talent Hub permitirá explorar o proceso creativo e como xerar novas ideas dunha forma diferente. Estará liderado por Irene Lapuente, experta en Comunicación e Pedagoxía (as súas áreas de expertise son o método científico, o designthinking e os procesos creativos). 


relacionada O Aquae Talent Hub regresa coa vontade de dar "un paso máis" na innovación colaborativa
relacionada O segundo 'Aquae Talent Hub' prepárase para repetir o éxito da primeira edición en Santiago
relacionada A creatividade e o emprendemento sumaron forzas no primeiro Aquae Talent Hub de Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress