Os autobuses interurbanos comezan a usar as paradas do centro

|

BusurbanocorunaAutobús urbano da Coruña.


A Consellería de Infraestruturas e Vivenda poñerá en funcionamento este luns, día 6 de novembro, a primeira fase do plan de acceso dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña, da que se beneficiará tanto o municipio herculino como Cambre, Oleiros, Sada e Culleredo.


Diso informou o departamento que dirixe Ethel Vázquez nun comunicado, no que explicou que, ao longo desta semana, repartiu dípticos cos novos horarios, tanto nos propios autobuses das compañías como na estación.


A partir deste luns, un total de 12 liñas de autobús do corredores este e centro comezarán a facer paradas no centro da cidade. Así, os usuarios poderán baixar e subir no autobús directamente nas paradas Entrexardíns e Praza de Ourense. Actualmente só o poden facer na estación de autobuses, situada en Catro Camiños.


A consellería estima que un total de 1,5 millóns de pasaxeiros ao ano empreguen estas liñas incluídas na primeira fase do plan de acceso do transporte interurbano. Tras iso, nas próximas semanas avaliarase o funcionamento do plan e establecerase un calendario para completalo co resto de liñas.


relacionada O PSOE coruñés rexeita "estruturas paralelas" na área metropolitana
relacionada Alcades da área da Coruña reclaman unha reunión conxunta con Feijóo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress