Alcades da área da Coruña reclaman unha reunión conxunta con Feijóo

|

Alcaldescorunha


Alcaldes da área da Coruña, asinantes da 'Declaración de María Pita', acordaron remitir ao presidente da Xunta unha carta para poñer de relevo "a imperiosa necesidade" de manter entre os dez rexedores e a alcaldesa de Bergondo reunións de traballo sobre o transporte metropolitano.


Así o acordaron nunha reunión da Mesa de Alcaldes e Alcaldesa celebrada no Concello herculino e á que non asistiron os rexedores de Arteixo, Carral e Abegondo, os tres do PP.


Segundo esta formación, non o fixeron por entender que no encontro se pretendía falar de asuntos "que son competencia da Xunta e non do Concello da Coruña", sinala a formación popular. Respecto diso, o PP defende que a Comisión de Transporte da Xunta "é o foro adecuado para falar sobre o transporte metropolitano".


Pola súa banda, o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, explicou que non acudiu á reunión sobre a área metropolitana ao considerar que é imprescindible que a corporación da Coruña defina primeiro a súa postura.


Santiso recalca que "tan pronto como o pleno da Coruña teña o acordo necesario para iniciar o expediente de constitución da área Metropolitana, o concello de Abegondo será o primeiro en sumarse ao proceso", engade.


CRITICAS A ETHEL VÁZQUEZ


Mentres, desde o goberno local coruñés subliñaron que o obxectivo da petición que farán chegar ao presidente é solicitar unha entrevista conxunta, "ante a reiterada resistencia da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a atender as solicitudes de entrevista cos representantes municipais" da área coruñesa.


Tamén instan o Executivo galego a "comezar a colaboración inter-institucional canto antes para superar o modelo liñal que actualmente teñen as concesións de transporte que nos afectan". "De forma que non se outorgue ningunha nova concesión de transporte público na área da Coruña sen o consenso necesario e derivado dunha colaboración integradora", engade.

relacionada Reunión "cordial" entre Feijóo e Ferreiro con anuncio de novos investimentos na Coruña
relacionada Os expertos reprochan a falta de coordinación das redes de transporte galegas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress