A arte, testemuña histórica e privilexiada das enfermidades e a medicina

Tres profesores de microbioloxía do a USC presentaron un libro sobre o reflexo das infeccións na historia da arte.


|

Infectarteeci



As grandes epidemias da historia da humanidade quedaron nos rexistros históricos, pero tamén deixaron unha pegada destacada na arte.


Estes dous ámbitos foron recompilados por tres profesores de microbioloxía da USC nun libro, Infect-arte: la infección en el arte, co ánimo de axudar a facer "máis dixerible" a súa materia, pero tamén para "lectores curiosos".


Os profesores Rafael Seoane, Ángeles Muñoz e Ysabel Santos presentaron o libro Infect-arte: la infección en el arte, en El Corte Inglés de Santiago. Unha publicación que sae á luz da man de Andavira Editora.


Na presentación, a representante da editorial, Lucila Ventoso, destacou o valor deste libro para o público xeral pola súa utilidade para descubrir "esa información que pasa desapercibida e que está aí para completar a lectura dunha obra de arte ou mesmo para poder entendela".


Pola súa banda, Rafael Seoane debullou as principais enfermidades infecciosas que provocaron grandes epidemias sobre todo en Europa e o seu impacto na arte da época.


A poliomielite, a tuberculose, a peste, a lepra, o tifus, a gangrena ou a sífilis foron todas elas enfermidades que atoparon o seu reflexo nas representacións artísticas, polo seu impacto na sociedade.


O xerme do libro, como explicaron na presentación, foi un seminario en Sevilla sobre arte e medicina. Para preparar a súa exposición no seminario e dar coherencia ao relato foi como naceu o esqueleto e as bases da obra.


De aí ata a súa publicación pasaron catro ou cinco anos, ata que deron coa editorial que apostou pola obra. O proceso foi longo tamén pola necesidade de recompilar as autorizacións escritas para incluír no libro as reproducións das obras ás que se fai referencia, que non foi posible en todos os casos.


Ademais, adiantaron que hai en marcha unha especie de "segunda parte" da obra, aínda que esta vez máis modesta.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE