Lara Méndez reprende a De Lara por levar pola vía penal un asunto administrativo

A cuestionada titular do xulgado lugués imputou a alcaldesa por "un tema laboral" que "quedará en nada", avanza a rexedora.


|

LaramendezmicrosAchaca a imputación ao "descoñecemento" da xuíza.

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, sinalou que a súa imputación polo atraso na execución dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en materia de persoal débese a un "descoñecemento das actuacións que se fixeron e da situación real do concello en temas de persoal".


Méndez mostrouse sorprendida polo procedemento, que leva a titular do xulgado número 1 de Lugo, Pilar de Lara, debido a que, advertiu, "en todo caso sería motivo do xulgado do contencioso administrativo, pois trátase dun tema laboral, que non se resolve en vía penal".


Con todo, Méndez trasladou a súa tranquilidade acerca de que se fixo todo "sempre tentando actuar acatando sentenzas xudiciais nun prazo tremendamente razoable, tendo en conta moitas veces as dificultades da propia administración para cumprir os ditos prazos".


Finalmente, a rexedora lucense afirmou que "no momento que declare e se poidan dar as explicacións oportunas, isto quedará en nada".


CITACIÓNS


A titular do xulgado de instrución número un de Lugo citou a declarar como investigada a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, e ao ex rexedor socialista, José Clemente López Orozco, por mor dunha denuncia presentada polo sindicato CSIF. Tamén foi chamada a declarar a funcionaria municipal Ana Sáez Mancebo.


En concreto, CSIF denunciou a alcaldesa e o ex rexedor en xullo de 2016 por supostos delitos de prevaricación administrativa e malversación derivados do que consideraban que era unha "prórroga inxustificada" da comisión de servizos a que Ana Sáez Mancebo continuase ocupando o cargo de letrado asesor municipal.


relacionada Lara Méndez quere ser candidata en 2019, pero descártase para cargos no PSOE
relacionada O Concello de Lugo reserva 300.000 euros para a demolición de O Garañón

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE