Baixa nunhas 3.000 as mulleres que participan na detección precoz do cancro de mama

|

Mamografiacancermama


Este xoves celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama e Sanidade fai balance da adhesión das mulleres galegas ao seu programa de detección precoz.


Así, segundo informa nun comunicado a consellería, este 2017 baixou en 2,5 puntos a taxa de mulleres que participaron no dito programa.


En 2016 esta taxa de participación alcanzou o 83,1%, o valor máis alto desde a súa instauración, un aumento que Sanidade asocia "á divulgación e promoción do programa e a adherencia das mulleres ao mesmo".


Neste primeiro semestre de 2017, a taxa de participación no mesmo superou o 80,6%, que son 2,5 puntos menos que o cómputo do ano anterior.


Nesta primeira metade do ano, o número de mulleres residentes en Galicia, de 50 a 69 anos, convidadas a participar no programa foi de 102.427 e as exploradas nese mesmo período foi 82.576.


Na gran maioría das exploracións o resultado da mamografía foi a ausencia de lesións sospeitosas, tan só a un 2,53% das mulleres exploradas no primeiro semestre recomendóuselles unha valoración clínica adicional.


O comunicado da consellería sostén que "este programa, que está plenamente implantado na comunidade autónoma galega", conseguiu que a mortalidade por cancro de mama en mulleres galegas que participaron nos cribados descendese nos últimos 25 anos en máis dun 20% respecto do previsto sen cribado.


relacionada A carreira 'Run Run Vigo' destinará o recadado a unha investigación contra o cancro
relacionada Galicia reduciu en 25 anos un 20% da mortalidade por cancro de mama
relacionada Feijóo reitera a importancia da detección precoz do cancro de mama
relacionada O cancro dispárase en España e supera en 2015 os casos estimados para 2020

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress