Buscan a un home que tratou de levar a unha nena de 13 anos en Cambados

|

Policialocal 1


A Policía Local de Cambados pediu a colaboración cidadá a través do seu perfil de Facebook para tratar de localizar a un individuo que, supostamente, convidou a subir ao seu coche a unha nena de 13 anos.


Segundo apuntan, foi a nai da menor a que se puxo en contacto coa Policía advertir de que un home se dirixiu á súa filla instándoa a que subise ao seu coche e dicíndolle que coñecía a súa nai, algo que non era certo.


Segundo apuntan os axentes, o home é un individuo de barba canosa voluminosa e chapeu de tea de cor verde, que ía ao volante dun vehículo grande de cor negra tipo furgón. O vehículo, engaden, podería non levar cristais na parte traseira ou telos tintados e presentaba un golpe na aleta traseira, no lado dereito.


Os feitos, indican, ocorreron sobre as 20,30 horas da tarde deste mércores no cruzamento das rúas Real e Valle-Inclán.


relacionada Alarma en Ourense polo intento de secuestro dun neno á saída do colexio
relacionada A Garda Civil calma a preocupación por un intento de secuestro dunha menor en Rianxo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress