Bruxelas recomenda evitar a especulación "excesiva" coas terras agrícolas

|

Tractoragricola


A Comisión Europea pubilcou este xoves unha serie de directrices para aclarar as condicións que permiten aos países do bloque comunitario restrinxir a venda de terras de cultivo co obxectivo de evitar a especulación "excesiva" e a concentración da propiedade.


O Executivo comunitario lembrou que os Estados membros poden poñer condicións a estas transaccións para preservar as comunidades agrarias e promocionar unha agricultura sustentable, pero estas restricións deben cumprir coas normas europeas, en particular as de libre movemento de capitais.


Bruxelas tamén lembrou que en 2015 abriu procedementos de infracción a algúns países por discriminar a investidores doutros socios da UE e por crear "restricións desproporcionadas" aos investimentos transfronteirizos.


Así, o documento da Comisión Europea destacou que algunhas das restricións que poden permitirse son requirir a autorización previa das autoridades nacionais, establecer límites sobre o tamaño das terras que se queren adquirir e a intervención estatal dos prezos.


Tamén sería posible incluír dereitos preferentes que permitan a algunhas categorías de compradores - como agricultores arrendatarios, veciños ou copropietarios - adquirir zonas de cultivo antes que outros compradores interesados.


Por contra, a lexislación europea non permite establecer restricións "discriminatorias", como requisitos xerais de residencia como condicións previas para a compra de terras.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress