'Bos Aires celebra Galicia' con miles de galegos emigrados

|

BuenosairesgaliciaA Avenida de Maio, escenario da celebración. Foto: @ARueda68


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiron este sábado aos actos de celebración do 'Bos Aires celebra Galicia', que un ano máis congregou a miles de galegos da colectividade arxentina na Avenida de Maio bonaerense.


Previamente aos actos, nos que tamén participou o embaixador de España en Arxentina, Javier Sandomingo, Rueda e Rodríguez Miranda asistiron á misa levada a cabo na catedral metropolitana de Buenos Aires, coa que empezaron as celebracións.


Ao longo da xornada, miles de galegos congregáronse para celebrar os actos de conmemoración, nos que se fai un recoñecemento especial á comunidade galega asentada no país arxentino.


relacionada Falece o presidente da Federación de Asociacións Galegas da Arxentina
relacionada Feijóo e Macri apostan por fortalecer a relación entre Galicia e Arxentina
relacionada Emigración visita Venezuela para ver as necesidades de "galegos en dificultades"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress