Falece o presidente da Federación de Asociacións Galegas da Arxentina

"O seu empuxe, coraxe, compromiso e loita hoxe non se atopan con facilidade", lamenta a colectividade emigrada.


|

PacoloresargentinaOs galegos emigrados despiden a Paco Lores.


Francisco Lores, presidente da Federación de Asociacións Galegas da Arxentina e do Museo da Emigración Galega na Arxentina, faleceu aos 83 anos na madrugada deste xoves, segundo informa a entidade.


Oriúndo do Grove, Francisco Lores Mascato, máis coñecido como Paco Lores, naceu o 5 de maio de 1934. Na súa mocidade decidiu buscar o seu futuro en Buenos Aires, seguindo os pasos "dun amigo que tomara o rumbo da emigración tempo antes", explica a federación.


Mediante un comunicado, expresa a súa dor despois da "dura pelexa" que protagonizou Lores fronte a "unha serie de complicacións de saúde". "Unha tristeza infinita invade por estas horas a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, pois a perda de Paco Lores xera un profundo baleiro que será moi difícil de encher, xa que o seu empuxe, coraxe, compromiso e loita son cualidades que hoxe non se atopan con facilidade", lamenta.


Os restos mortais do 'comandante', como denominaban os seus amigos máis íntimos ao líder galeguista, serán velados na sede da federación.


Coa súa morte, aseguran que se perde a "unha figura incomparable" da colectividade galega en Arxentina, o "azoute" de quen utilizaba a galeguidade, a política e a súa posición en beneficio propio en lugar de para axudar á sociedade.


relacionada A versión deportivista do 'Despacito' chega desde Arxentina
relacionada Feijóo e Macri apostan por fortalecer a relación entre Galicia e Arxentina

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE