Vigo concede 4.500 bolsas de libros e comedor escolar, cunha dotación de 1,3 millóns

|

Comedorescolar 3


O goberno municipal de Vigo resolveu a concesión de máis de 4.500 bolsas de comedor e libros para alumnos de colexios públicos e concertados de Educación Infantil, Primaria e Secundaria da cidade.


Segundo explicou en rolda de prensa o alcalde olívico, Abel Caballero, o volume total das axudas ascende a 1,3 millóns de euros, aos que hai que sumar outros 606.000 euros de bolsas de comedor que o Concello subvenciona a través da Federación Olívica de ANPAS.


Das axudas aprobadas, a maioría correspóndense con bolsas de comedor, 1,22 millóns de euros, e o resto, 112.000 euros, a axudas de libros e material escolar (unha media de 85 euros por axuda).


Caballero, quen sinalou que este programa de axudas é un "orgullo" da cidade, asegurou que todos os solicitantes que cumpriron os requisitos obtiveron a súa axuda, e non hai ningunha en lista de espera.


relacionada O servizo de comedores escolares de Santiago ten xa uns 900 nenos inscritos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress