Gómez Noya, subcampión do mundo de tríatlon

|

Gomeznoyabici

Gómez Noya, en Róterdan. Foto: @TRIATLONSP

Seis días despois de proclamarse campión do Mundo de Medio Ironman, Gómez Noya queda a un paso do seu sexto título mundial de tríatlon.


Este sábado en Róterdan necesitaba vencer e que Mario Mola, que chegaba como líder das Series Mundiais, quedase por baixo do quinto posto.


Pero o mallorquino puido controlar a carreira e facer valer a súa vantaxe para defender o título que xa conquistou o ano pasado.


Gómez Noya saíu antes da auga que Mola, pero o grupo non puido manter a distancia co líder no circuíto de bicicleta, que recuperou o tempo perdido na natación.


E a pesar da choiva e o asfalto mollado, os favoritos mantiveron un gran ritmo nos últimos 10 quilómetros de carreira a pé.


O galego, iso si, acabou pagando o esforzo da fin de semana pasado e cedeu ao final, quedando cuarto, xusto por detrás de Mola.


Gómez Noya, pentacampión, sobe por décimo ano ao podio das Series Mundiais (só en 2016 deixou de lado o mundial para centrarse en preparar os Xogos Olímpicos), na que pode ser a súa última participación. E é que o mellor triatleta da historia ten a mirada posta no Iron Man.


relacionada "Unha gran sensación, erguerse como campión do mundo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress