O referendo catalán queda sen webs nin carteis de propaganda

|

GuardiacivilimprentaImprenta dos carteis do referendo.

A Garda Civil interveu nunha empresa de Sant Adriá de Besós (Barcelona) as pranchas utilizadas para confeccionar a propaganda institucional destinada a publicitar o referendo, informou o Ministerio de Interior.


Nesta empresa, chamada Zukoy, incautouse tanto as pranchas destinadas á elaboración dos carteis institucionais de apoio ao referendo do 1 de outubro como a prancha destinada a a publicitar o SI no referendo, suspendido polo Tribunal Constitucional. "Desta maneira imposibilítase que se siga imprimindo este tipo de carteis", subliña Interior.


Interior considera "significativo" que se incautaron na mesma empresa e na mesma localización os dous tipos de pranchas. "Este feito demostra que os carteis, tanto de difusión do referendo como de apoio ao Voto SI, elaboráronse no mesmo lugar e no mesmo tempo", indica.


A operación continúa aberta e o Ministerio non descarta novas actuacións.


BLOQUEO DOS DOMINIOS


O xulgado de instrución número 13 de Barcelona remitiu ás operadoras de telecomunicacións que bloqueen o acceso a varias webs relacionadas co referendo do 1-O no prazo de 24 horas.


En concreto, solicita de forma moi urxente que impidan o acceso aos dominios ref1oct.cat, ref1oct.eu, referendum.es, referendum.cat, referendumoctubre1.com, referendum.ws, referendumoctubre1.cat, referendumoct1.cat, 1octreferendum.cat e garanties.cat, segundo figura na orde remitida.


A Garda Civil xa clausurou este mércores a páxina web referendum.cat por orde do Xulgado número 13 de Barcelona.


Pola súa banda, as webs que agora solicitou o xuíz impedir o seu acceso tamén se atopan inoperativas este sábado e mesmo o acceso a algunhas delas está pechada desde o venres pola noite.


relacionada Rajoy: "Vannos obrigar ao que non queremos chegar"
relacionada Os actos que prepara Anova a favor do referendo ilegal "non serán autorizados"
relacionada Rajoy reclama desde Santiago "sentidiño" aos independentistas e que rectifiquen

1 Comentarios

1

Para esquivar la censura de acceso a páginas webs utilizar la red TOR, con TOR Browser torproject.org/projects/torbrowser.html.en

escrito por Juan Nadie 16/Set/17    18:42 h.

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress