Unha faísca provocou un conato de incendio nas Illas Cíes

|

CiesislasVista das Cíes. Foto: turismo.gal

Un conato de incendio declarado nas Illas Cíes quedou extinguido a última hora da tarde do xoves tras calcinar 0,15 hectáreas.


Segundo confirmaron fontes da Consellería do Medio Rural, o lume puido iniciarse por unha faísca mentres uns operarios realizaban traballos de roza na zona de Quemadero.


O lume iniciouse pasadas as seis da tarde e quedou controlado 40 minutos despois. Os servizos de emerxencia deron por extinguidas as chamas preto das oito e media. Nas tarefas de extinción participaron un axente, catro brigadas e medios aéreos.


relacionada A Xunta di que non detectou ata este agosto o 'overbooking' das Cíes
relacionada Máis incendios forestais, pero 600 hectáreas queimadas menos que o ano pasado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress