A Fiscalía ordena aos Mossos impedir a preparación e a votación do 1-O

|

Mossospoliciagcivil


A Fiscalía Superior de Catalunya comunicou este martes aos Mossos d'Esquadra, a Garda Civil e a Policía Nacional que deben impedir o referendo tomando todas as medidas necesarias, como intervir urnas, sobres electorais, manuais de instrucións, propaganda electoral e calquera outro material de difusión, promoción ou execución do 1-O, informou nun comunicado.


Así o trasladou na reunión mantida este martes co maior dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero; o xeneral xefe da Garda Civil en Cataluña, Ángel Gozalo, e o xefe superior da Policía Nacional en Cataluña, Sebastián Trapote.


"Os funcionarios policiais, a fin de evitar a consumación ou o esgotamento dos delitos, procederán directamente a adoptar as medidas necesarias para intervir os efectos ou instrumentos destinados a preparar ou celebrar o referendo ilegal", segundo o comunicado.



Le máis en Catalunyapress.


relacionada O independentismo celebra a Diada como "a primeira parte" do referendo ilegal
relacionada Os voluntarios do referendo, avisados de que "participarían nunha ilegalidade"
relacionada O TC suspende a convocatoria do referendo e notifícallo aos alcaldes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress