Os voluntarios do referendo, avisados de que "participarían nunha ilegalidade"

O Goberno fai extensivas as consecuencias a todo aquel "que dalgunha maneira axude" á votación suspendida polo TC.


|

Spotreferendum 1


Ademais de políticos e cargos públicos, o Goberno sinala tamén a calquera voluntario que "dalgunha maneira axude" a que o un de outubro efectivamente se vote. O portavoz do Executivo, o ministro Méndez de Vigo, expresou que todos eles saben, sen necesidade de que se lles notifique, que "participan nunha ilegalidade que está prohibida". As consecuencias non chegarían, con todo, aos votantes. "Afecta a quen organice", aclarou.


E é que o portavoz respondeu á mobilización a favor do referendo de centos de alcaldes que, segundo os datos do independentismo, están dispostos a colaborar e ceder locais para que o un de outubro se vote. "Falamos moitas veces de intencións", relativizou o ministro.


Ás cartas de Puigdemont cominándoos a ceder locais para votar e a de Administracións Territoriais lembrándolles a obrigación de aterse á legalidade vixente, súmase a que os alcaldes van recibir do TC. Unha misiva na que se lles advirte de que serán colaboradores necesarios dun delito se facilitan a votación e que terán que aterse "ás consecuencias".


Os independentistas cifraron xa o xoves que unhas 16.000 persoas xa se inscribiron para ser "colaboradores" do referendo e que 560 concellos (dos 948 que hai en Cataluña) tamén manifestaron que colaborarán coa votación.


relacionada O Goberno recorre ante o TC outras dúas leis independentistas
relacionada O TC suspende a convocatoria do referendo e notifícallo aos alcaldes
relacionada Rajoy non renuncia "a nada" tras emprender a vía legal contra o referendo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE