Rajoy activa a maquinaria xudicial contra as manobras do referéndum

|

SorayarajoySantamaría e Rajoy, nun Consello de Ministros.

O presidente do Goberno solicitou ao Tribunal Constitucional (TC) que execute a sentenza que prohibe a celebración dun referendo de autodeterminación en Cataluña e que prohiba todos os pasos do Parlamento de Cataluña para tramitar e aprobar a lei do referendo.


Ademais, Rajoy ordenou á Avogacía do Estado que pida ao TC que actúe contra a presidenta da Cámara lexislativa rexional, Carme Forcadell, pola posible comisión dun delito penal, así como contra os membros da Mesa do Parlamento que votasen a favor da tramitación da citada norma.


E este mesmo 6 de setembro, a Fiscalía Superior de Cataluña anunciou que presentará unha querela polos delitos de desobediencia e prevaricación contra os membros da Mesa.


Unha vez aprobada a lei, pediu a noite deste mércores un informe ao Consello de Estado sobre a norma, como paso previo a que o Goberno acorde un recurso ante o Tribunal Constitucional en Consello de Ministros. E repetirá o mesmo proceso se o Goberno da Generalitat chega a aprobar un decreto de convocatoria do referendo.


"SABEMOS QUE FACER"


Sáenz de Santamaría fixo unha contundente declaración institucional na que cargou especialmente contra Forcadell por actuar conscientemente en contra da legalidade e as resolucións do Tribunal Constitucional: "Demostra que baixo o seu mandato morreu a democracia", dixo a vicepresidenta.


Cualificou de "abochornante" o "espectáculo" do Pleno de hoxe no Parlament, un "acto de forza contrario á democracia" e os dereitos dos parlamentarios, os dereitos dos cataláns e das competencias dos funcionarios.


"Que ninguén dubide que sabemos o que temos que facer e que o faremos", subliñou Sáenz de Santamaría, que lembrou que o Goberno conta co respaldo doutros partidos políticos.


Amplía esta información en Pressdigital.


relacionada O Parlament aproba a lei do referendo cos votos dos independentistas
relacionada Santamaría analiza cos secretarios de Estado as respostas ao desafío independentista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress