Santamaría analiza cos secretarios de Estado as respostas ao desafío independentista

O Goberno insiste en que actuará "de forma áxil pero non precipitada" ante os pasos que dea o Parlamento catalán.


|

Santamariasecretarios


A vicepresidenta, ministra da Presidencia e para as Administracións Territoriais, Soraya Sáenz de Santamaría, reuniu esta mañá os secretarios de Estado e os subsecretarios para aprobar as medidas contra as leis de ruptura da Generalitat de Cataluña.


Segundo explicou o Executivo nunha nota de prensa, a vicepresidenta convocou a Comisión Xeral de Secretarios de Estado e Subsecretarios para "deliberar e aprobar cantas medidas haxa que adoptar tras as decisións que tome o Govern da Generalitat de Cataluña".


A análise das medidas a adoptar polo Goberno de Mariano Rajoy prodúcese tras a decisión da Mesa do Parlamento catalán de admitir a trámite a lei de referendo, que presentaron Junts pel Si e a CUP en xullo.


O Goberno xa ten preparadas todas as respostas ao desafío independentista despois de analizar todos os escenarios posibles. Ademais, a Comisión Xeral de Secretarios de Estado e Subsecretarios analizou hoxe o recurso de inconstitucionalidade que aprobará o vindeiro venres o Consello de Ministros contra varios preceptos relativos á Lei do Código Tributario de Cataluña.


SEN PRECIPITACIÓN


O Goberno actuará "de forma áxil pero non precipitada" ante os pasos que dea o Parlamento catalán.


Segundo dixo o ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, o Consello de Ministros tomará decisións "de forma moi rápida pero sen présas" porque é importante dar pasos con garantías xurídicas. Apuntou que hai que ver se o lexislativo catalán aproba efectivamente hoxe as leis que se anuncian, tanto a do referendo como a chamada lei de desconexión.


"Daranse todos os pasos posibles dentro do ordenamento xurídico, dunha forma moi rápida", insistiu o ministro en declaracións a TVE recollidas por Europa Press, nas que reiterou a necesidade de esperar a coñecer que ocorre no Pleno do Parlament.


relacionada O Goberno usará toda a "forza do Estado de dereito" contra a "estafa" do referendo
relacionada O fiscal xeral anuncia "unha defensa activa" da lei ante o 1-O
relacionada O Parlament aproba a lei do referendo cos votos dos independentistas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE