Seis mercadillos urbanos inaugúranse esta fin de semana na Coruña

|

LemamercadocorunhaAlberto Lema, nun dos mercados municipais.


A Concellería de Emprego e Economía Social inaugurará a fin de semana seis mercadillos urbanos para "dinamizar" o comercio de proximidade, segundo informa o Concello herculino. Esta actividade prolongarase ata o 21 de outubro.


Con esta iniciativa, que comezará esta fin de semana no Parque de Eirís, o Consistorio busca "atraer a cidadanía ao comercio de proximidade que é máis sustentable e presenta unha altísima calidade", remarca o concelleiro de Emprego, Alberto Lema.


Ao mercadillo de Eirís, seguiranlle os da rúa Ángel Senra, nos Mallos, os días 16 e 17 de setembro. Posteriormente, celebraranse na praza María Casares, de Elviña, na praza de Tabacalera, no campo da Leña e na praza das Conchiñas.


relacionada O Mercadillo do Gato desembarca en Sanxenxo ata o 15 de agosto

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress