O Mercadillo do Gato desembarca en Sanxenxo ata o 15 de agosto

|

Mercadillogato2Este mercadillo elixe os edificios máis exclusivos de cada cidade.


O Mercadillo do Gato, o máis elegante e prestixioso dos pop ups en España, abre as súas portas nun novo espazo á beira do mar: o Gran Talaso Hotel Sanxenxo, situado no Paseo Praia de Silgar, en pleno centro de Sanxenxo.


Esta edición do Mercadillo do Gato estará aberta ata o día 15 e conta con 25 expositores que albergan as novas tendencias do verán 2017 en moda para muller, infantil, bixutería, artesanía, complementos, xoiería, etc. que tamén ofrecen un avance da tempada de outono/ inverno.


Os organizadores destacan a presenza de "pezas únicas e moi orixinais", que permiten "acertar con algún capricho que ninguén máis teña ou facer un agasallo especial".


ITINERANTE E EFÉMERO


O Mercadillo do Gato (chamado así porque aos habitantes de Madrid chámaselles "gatos") é o máis renombrado Pop Up en España. Madrileño de nacemento, ten carácter itinerante e, por suposto, efémero, e alóxase nos edificios máis exclusivos e emblemáticos de cada cidade.


O Mercadillo do Gato inclúe entre os seus numerosos expositores artigos de moda, complementos, artesanía, xoiería, cosmética ecolóxica, coleccionismo, DIY, moda vintage, decoración, arte, bixutería... 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress