O Parlament volve atrasar as manobras sobre as leis de 'desconexión'

|

Mesaparlamentcatalan


A Mesa do Parlamento catalán tampouco abordou este martes a lei do referendo que dá cobertura á consulta anunciada para o 1 de outubro nin a de transitoriedade xurídica, e descartou por agora incluílas no orde do día do próximo pleno, previsto para o 6 e 7 de setembro.


Segundo fontes parlamentarias, a maioría independentista na Mesa argumenta o atraso polas "ameazas" do Estado e do Tribunal Constitucional (TC).


Tras o encontro, a deputada da CUP Anna Gabriel dixo que o seu grupo pactara con JxSí que a lei do referendo se tramitase o 16 de agosto, "pero JxSí variou a súa estratexia polos últimos movementos do TC". A CUP, con todo, avoga por "deixarse de astucias, ser transparentes e tramitar as leis con normalidade".


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada Rajoy e Sánchez acordan responder conxuntamente ao desafío independentista
relacionada Os independentistas aprobarán antes do 1-O a lei que deseña a transición

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress