Rajoy e Sánchez acordan responder conxuntamente ao desafío independentista

Aínda que o PSOE avala a resposta "proporcionada" do Goberno ás manobras, segue esixíndolle unha saída dialogada.


|

Rjsanchezmanos


O presidente do Goberno e o secretario xeral do PSOE mantiveron esta mañá unha conversación telefónica por mor da presentación da 'lei de transitoriedad xurídica e fundacional da república' que presentaron esta mañá JxSí e a CUP, segundo asegurou en rolda de prensa o portavoz do PSOE, Óscar Puente.


O dirixente socialista explicou que ambos se comprometeron a manter unha comunicación fluída co obxectivo de poñer en marcha, "na medida do posible", unha "resposta conxunta" ao desafío.


Puente subliñou que ata o momento, o Goberno está a responder legalmente "con proporcionalidade e eficacia", aínda que os socialistas seguen reclamando a Rajoy unha "solución política" a este conflito, porque é compatible a defensa da legalidade co diálogo político que o PSOE bota en falta.


Amplía esta información en Catalunyapress.

relacionada Os independentistas aprobarán antes do 1-O a lei que deseña a transición
relacionada O independentismo desínflase en Cataluña segundo se achega o 1-O

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE