Lugo adxudica as pulperías do San Froilán tras a polémica do ano pasado

|

Polbopulpo 1


A comisión posta en marcha polo Concello de Lugo para avaliar a adxudicación das casetas e os caldeiros de polbo nas festas de San Froilán que quedaron vacantes ata 2019 seleccionou este venres as empresas adxudicatarias.


Segundo informou o Consistorio nun comunicado, foron as ofertas "economicamente máis altas" as que resultaron seleccionadas. Deste xeito, a caseta e o caldeiro número tres foron adxudicados a Ramiro López, o único ofertante e hostaleiro habitual destas festas, con 16.700 e 10.400 euros a cada posto, respectivamente.


Por outra banda, a caseta número un foi adxudicada á empresa Full Solutions Import SL, por 36.120 euros, firma, ao parecer, dun fillo dunha coñecida pulpeira do Carballiño. Mentres tanto, foi o licitador José Miguel Álvarez quen quedou co caldeiro número 1 por un importe de 22.300 euros.


Unha vez adxudicados os postos, requiriráselles que presenten a documentación acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigacións coa Seguridade Social.


Lestes postos quedaron vacantes tras a renuncia do empresario Javier Irimia, que se fixo con eles a través de Bruxa Consulting, pero que non tiña experiencia no sector.

relacionada A empresa que rebentou a poxa das casetas do San Froilán deixa de pagar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress