Unións Agrarias cifra no 60% a caída na vendima deste ano

O sindicato di que as catro demoninaciones ourensás se ven afectadas, aínda que menos do que calcularon tras as xeadas.


|

Vendimiablanco


O responsable de Agricultura do sindicato Unións Agrarias (UU.AA.), Xosé Ramón González, advertiu este xoves de que na vendima de 2017 haberá "unha caída media dun 60%" na produción nas catro denominacións de orixe ourensás respecto ao pasado ano, debido á seca e "especialmente" como consecuencia das xeadas da pasada primavera.


Así o sinalou durante a rolda de prensa que ofreceu acompañado por Mariano López Neves, responsable de UU.AA. na denominación da Ribeira Sacra, na que tamén reclamou mecanismos de control para evitar que as adegas se abastezan con uvas que non pertencen ás denominacións de orixe e un prezo acorde á escasa produción.


González explicou que as perda na produción das catro denominacións vitivinícolas ourensás "serán menores" que as previstas nun principio, tras as xeadas.


Os cálculos de UU.AA. tras as xeadas de primavera estimaban a caída dun 75% da produción na denominación Ribeiro, que finalmente quedará nunha "perda do 60% da colleita", sinala González.


CAÍDAS NA PRODUCIÓN 


Na Ribeira Sacra, os cálculos pasaron dunha perda do 60% da produción ao 50%; mentres que en Valdeorras a caída da produción corrixiuse dun 80 a un 60% da colleita e en Monterrei dun 95 a un 75%.


Xosé Ramón González insistiu en que estas perdas na produción "e a falta de axudas directas por parte da Xunta" supoñen que os agricultores se enfronten este ano a "unha situación preocupante", con "sobrecustos" que poden supoñer o 125% dos beneficios que prevén obter durante 2017.


Por parte do sindicato insistiuse en que para facer fronte aos gastos económicos que tiveron que afrontar os agricultores impulsarán unha campaña de recollida de firmas "para promover unha iniciativa lexislativa popular" que aprobe axudas "que a Xunta non quixo cubrir".


QUE Os PREZOS SE AXUSTEN


Por outra banda, sinalou que a caída de produción tamén terá os seus efectos nos mercados e reclamou que os prezos de compra de uvas das adegas teñan en conta "que a oferta é un 60% menor que noutros anos".


A este respecto lembrou que o sindicato "esixirá" medidas de control para garantir que as adegas non se abastezan con uvas que non pertencen ás denominacións de orixe.


Neste sentido, explicou que UU.AA. reclamará a todas as denominacións de orixe "unha mostraxe" nos viñedos "antes e durante" a vendima, "para ter datos estatísticos de canto vai ser a colleita".


CONTROL DOS VIÑEDOS


González explicou que esta medida "xa se está realizando noutras denominacións de orixe" e servirá para evitar "sorpresas" na produción final das distintas Denominacións de Orixe.


Mariano López referiuse en concreto ao caso da Ribeira Sacra, onde o presidente da DO, José Manuel Rodríguez, sinalou recentemente que se salvou unha gran parte da colleita mentres que os sindicatos consideran que manexa "datos inflados" coa intención de "mandar a mensaxe velada de que hai uvas, como sempre, e baixar os prezos de venda".

relacionada Comeza antes de tempo a vendima na Ribeira Sacra
relacionada A ausencia de pragas e enfermidades permite aumentar a produción de uva nas Rías Baixas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE