Juan Domínguez despídese do Dépor e pon rumbo a Reus

O centrocampista anuncia a súa marcha do "club da súa vida", ao que chegou con 14 anos.


|

JuandodeporJuan Domínguez, nun adestramento.


Tras un verán sabendo que non contaba para os plans de Pepe Mel, Juan Domínguez fai oficial a súa saída do Dépor. O centrocampista, de 27 anos, marcha ao Reus, despedíndose así, tras 12 tempadas, do "club da súa vida".


O xogador non admitiu preguntas na súa comparecencia, aínda que explicou o seu destino e que aínda está pendente de pasar o recoñecemento médico.


A modo de despedida quixo ler unhas palabras:


"Parece que foi onte cando con 14 anos o Deportivo me propuxo vir a Abegondo ao equipo Cadete. 12 tempadas despois e tras 170 partidos co primeiro equipo, despídome do club da miña vida.


Non quero despedirme sen darlles as grazas a todos os compañeiros, a todos os adestradores, á directiva tanto actual como anterior, a todo o persoal do club e a todos os que confiaron en min. Sen vós nunca lograría nada do que conseguín.


Un forte abrazo e Forza Dépor."


relacionada Álex Bergantiños sae cedido ao Sporting de Xixón
relacionada Laure despídese entre bágoas: "É un ata logo"
relacionada Lux regresa á Coruña para despedirse: "Ensináronme cousas moi importantes"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE