Extinguido o incendio forestal que obrigou a cortar a autovía A-52

|

CualedroautovaO incendio, xunto á autovía. Foto: @BrifLaza


O incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Cualedro que obrigou a cortar o mércores a autovía A-52 quedou extinguido tras queimar 17 hectáreas --16,5 hectáreas de monte raso e media hectárea de arboledo--, segundo informa a Consellería do Medio Rural.


O lume iniciouse ás 18,04 horas do mércores e quedou extinguido ás 2,15 horas deste xoves. Provocou o segundo peche en agosto da autovía das Rías Baixas por un incendio na provincia de Ourense --o outro ocorreu en Verín o 4 de agosto--. Neste caso, entre os puntos quilométricos 173 e 178, en Trasmirás.




Na extinción do incendio participaron oito helicópteros, catro avións, 11 motobombas, 11 axentes, 19 brigadas e dúas pas.


relacionada De madrugada e con varios focos á vez, así actúan os incendiarios
relacionada Arco Iris pide que se divulgue a identidade e a foto dos incendiarios
relacionada Un incendio forestal en Oroso provoca cortes e desvíos na N-550

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress