O cambio climático empeza a traer peixes tropicais ás augas galegas

Tras a aparición dunha cría de triburón na ría de Vigo, atopan un peixe lúa na Marisma de Baldaio en Carballo.


|

PezlunabaldaiocarballoFoto do orellán aparecido en Baldaio. Foto: Arco Iris


Colaboradores da Asociación Ecoloxista ARCO IRIS localizaron este mes de agosto no interior da Marisma de Baldaio de Carballo, A Coruña, un exemplar de orellán (ou peixe lúa), un peixe tropical (con nome científico Mola mola), que adoita habitar en augas mornas.


A Asociación explica que o animal se puido desorientar e morrer no areal atrapado pola baixamar da lagoa. Trátase dunha especie peláxica de esqueleto óseo e que pode alcanzar un tamaño considerable.


O orellán habita en augas mornas e tropicais de todo o mundo, e evita augas cunha temperatura inferior aos 13 ou 14 graos. A Asociación lembra que en Galicia, no verán, afloran augas profundas que provocan que a temperatura do mar sexa máis fría.


Por esta razón, Arco Iris apunta a que o achado deste exemplar parece confirmar "os progresivos e alarmantes signos de cambio climático que se veñen apreciando en Galicia nos últimos anos" e que poderían provocar "cambios radicais" nos bancos de pesca ou en zonas de cría como a "Marisma de Baldaio".


A Asociación lembra que hai uns días foi atopada unha cría de quenlla en augas da ría de Vigo. Uns feitos que, puntualiza, comezan a deixar de ser extraordinarios e a repetirse con frecuencia, o que vinculan a unha "irreversible tendencia de cambio climático".

relacionada Arco Iris pide executar o diñeiro dispoñible do xuízo do Prestige en rexeneración ambiental

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE