Viaqua alerta de varios casos de estafa en Santiago

|

ViaquagrifoViaqua lembra que non cobra nos domicilios.


A empresa que xestiona o servizo municipal de auga en Santiago, Viaqua, alerta de varios intentos de estafa pola cidade, coa intención de que ningún cidadán caia no engano.


Segundo varios usuarios, trataríase de persoas que se fan pasar por empregados da compañía e que pretenden cobrar en efectivo alegando distintas escusas.



Viaqua ten a disposición dos usuarios un teléfono de atención ao cliente (900 201 230). Ante calquera sospeita, recomendan aos veciños chamar ou acudir ás súas oficinas, situadas na rúa Feáns, número 3 C.

relacionada Alertan dunha estafa en Ourense de ofertas de emprego falsas para o servizo contra incendios
relacionada Alertan dun calote de falsos cobradores da auga en Ourense

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress