Venres, 18 de Agosto de 2017 08:52




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Unha rifa no pleno da Deputación de Ourense chega ata os corredores

|

PlenoourensedeputacionPleno da Deputación de Ourense.


O pleno de extraordinario da Deputación de Ourense celebrado a petición dos grupos da oposición para reclamar a posta en marcha dun plan único de subvencións a municipios que remate coa "repartición clientelar" acabou co PSOE, BNG e Democracia Ourensana levantándose dos seus asentos durante a votación, así como cunha rifa entre o rexedor socialista de Ribadavia, Ignacio Gómez, e o ex alcalde popular de Melón Alberto Pardellas.


En declaracións a Europa Press, Ignacio Gómez, explicou que Pardellas lle chamou "pallaso" en "reiteradas veces", tras o cal o alcalde de Ribadavia tachou de "delincuente" a quen tivo o bastón de mando de Melón, porque "é un delincuente confeso, condenado e inhabilitado" --non pode exercer cargo público ata 2021 por prevaricación--.


O enfrontamento seguiu polos corredores da Deputación de Ourense unha vez finalizado un pleno, ao que segundo indica Ignacio Gómez , "o PP deulle a volta" para converter a reclamación dunha "repartición xusta de fondos" nunha reprobación ao presidente da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp), Alfredo García --que saíu adiante só cos votos do PP-- "por facer esa petición".


Respecto diso, Ignacio Gómez acusa o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, de levar ao pleno "aos seus acólitos" para "provocar" como parte de "unha táctica", co fin de que non se fale de que "o PP se opón a que haxa unha repartición xusta de fondos como ocorre noutras deputacións".


Por iso, tacha de "demencial" a "actitude do PP", aínda que cre que Alberto Pardellas "non ten crédito ningún en política, nin sequera para os do propio PP".


VERSIÓN DE PARDELLAS


En cambio, Alberto Pardellas explicou a Europa Press a súa versión do enfrontamento: "Non lle dixen que era un pallaso, senón que non fixese máis o pallaso".


Sobre este extremo, Pardellas critica a actitude de Ignacio Gómez, que "sempre usa os rogos e preguntas" nos plenos da Deputación "para tirar pedras contra Melón".


Neste sentido, acusa a Ignacio Gómez de "actitude machista" cara á alcaldesa de Melón, Cristina Francisco (muller de Pardellas), "porque parece que pensa que as mulleres non poden gobernar como os homes".


Sobre o enfrontamento, Pardellas explicou que despois de que o alcalde de Ribadavia o sinalou co dedo emprazouno a que lle dixese iso "fóra" da Deputación "como cidadáns". Con todo, o cruzamento de acusacións non foi a máis. "Que me deixe en paz a min e á alcaldesa", resolveu Pardellas.

relacionada Alcaldes ourensáns do PSOE e BNG claman contra a repartición de fondos partidista da Deputación

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress