Villar, o seu fillo Gorka e Padrón, en liberdade tras pagar as fianzas

Abonan as cantidades impostas só un día despois de que o maxistrado da Audiencia Nacional autorizase a súa saída.


|

VillarSaen sen pasaporte e obrigados a estar localizables.


O expresidente da Real Federación Española de Fútbol Ángel María Villar e o seu fillo Gorka abandonaron este martes a prisión madrileña de Soto del Real preto das 19.15 horas, na que estiveron durante 12 días desde que ingresaron nela pola súa presunta implicación no desvío de fondos do organismo deportivo que investiga o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz.


A súa posta en liberdade tivo efecto despois de que este mesmo martes abonasen as fianzas de 300.000 e 150.000 euros, respectivamente, imposta este luns polo xuíz instrutor, a pesar de que o pasado 20 de xullo decretou a súa prisión incondicional. O maxistrado tamén fixou a mesma cantidade para o vicepresidente económico do organismo, Juan Antonio Padrón, que tamén se prevé que saia este martes deste centro penal.


Á súa saída, Villar fixo unhas "breves" declaracións aos medios de comunicación nas que agradeceu "a todas aquelas persoas que confiaron, privada e publicamente" nel, no seu fillo e no vicepresidente económico e que os "defenderon". Así mesmo, deulle as grazas e desexoulles "sorte" aos presos do módulo número 1 de Soto del Real, no que permaneceron durante estes días, "polo agarimo e afecto que tiveron" con eles.


O xuíz instrutor ditou este luns un auto no que puxo en liberdade provisional baixo fianza a estas tres persoas, ao entender que "dificilmente poderían obstaculizar a instrución da causa", xa que a documentación non pode ser "alterada", nin poden "influír" nas testemuñas e no resto de investigados aos que xa se tomou declaración.


Así mesmo, o maxistrado sinala que non existe risco de fuga ao acordar as fianzas e outras medidas de control, nin ocultar bens e patrimonio grazas a que as súas contas están bloqueadas e embargadas.

relacionada O xuíz rebaixa as medidas cautelares contra Villar
relacionada As picadas telefónicas revelan o caos na Federación: "Están a esquilmar o diñeiro do fútbol"
relacionada Villar, o seu fillo e o seu vicepresidente, a prisión incondicional

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE